O episódio 4 do Galiportus foi dedicado à Semente Ourense. Podes ouvir o podscat aqui. Agradecemos o convite de German Estévez e recomendamos desfrutardes também dos interessantíssimos capítulos anteriores.

Galiportus Ep.4- Escolas Semente, vencer o futuro description

Hoxe abordamos cuestións educativas, educacionais e lingüisticas. Logo de máis dunha década do Decreto do “plurilingüismo”, o uso do galego entre os máis pequenos é residual. Todo está perdido? Iniciativas como as Escolas Semente tentan revertir a balanza e propoñen un modelo cooperativo, ecoloxista, non masificado, feminista e de educación inclusiva en galego. Para falar disto todo, acompáñannos e debatimos con Rita Cid (nai dun neno de 2 anos e activista pola lingua) e Lucia Gonzalez (educadora infantil escollida para botar a andar Semente Ourense) Dende Compostela, ponse ao teléfono Sechu Sende (poeta, narrador, sociolingüista e activista da AGAL) Con experiencia de dúas fillas escolarizadas nesta escola, expón as súas visións e anima á expansión de semente por toda Galiza… para sobrevivirmos ao futuro.